{"title":"Orientación na universidade para a multiplicación dos estudos fraseolóxicos","authors":"Angela Maria Tenório Zucchi","doi":"10.52740/cfg.21.21.05.00006","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.05.00006","url":null,"abstract":"Este artigo ten por obxectivo incentivar a realización de pescudas académicas na área da Fraseoloxía e promover a comunicación, difusión e intercambio de coñecemento científico en volta destes estudos nas universidades. Con este fin, o traballo divídese en cinco seccións: introdución, o contexto universitario brasileiro, as caras da Fraseoloxía, o papel do director académico e as consideracións finais. A partir da metáfora “navegación nun mar de posibilidades de investigación”, o artigo introduce os estudos fraseolóxicos, ofrece definicións de fraseoloxía propostas por diversos autores, aborda as súas distintas caras en lingua materna e lingua estranxeira, sinalando principalmente tres rutas para o desenvolvemento da investigación: o campo do ensino, que recibe o nome de Fraseodidáctica; o campo da Tradución, sexa de lingua común ou de lingua de especialidade; e o campo da Fraseografía. Ofrece reflexións acerca da propia dirección académica, explicita o papel dos fraseoloxismos na escrita académica e apunta os diversos medios tecnolóxicos actualmente dispoñibles para a busca bibliográfica e a divulgación da investigación. En fin, procura contribuír a que os estudantes se interesen pola investigación e se convertan en investigadores en Fraseoloxía.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"71 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"126019880","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A Lingüística de Corpus e as súas aplicacións na Fraseoloxía – un panorama de pescudas desenvolvidas na Universidade de São Paulo","authors":"Stella E. O. Tagnin","doi":"10.52740/cfg.21.21.04.00005","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.04.00005","url":null,"abstract":"Este artigo, como xa esclarece o seu título, pretende presentar un panorama das pescudas que engloban a Lingüística de Corpus desenvolvidas na Universidade de São Paulo, baixo a miña orientación. Logo dunha breve introdución sobre esa metodoloxía, analizo os traballos realizados nas áreas de Ensino e Aprendizaxe, e Tradución, incluíndo aí a terminoloxía bilingüe, a tradución literaria e a tradución audiovisual. Na maioría delas o foco é a fraseoloxía, xa sexa para a confección de glosarios ou para o ensino de colocacións. Tamén se presenta o Proxecto CoMET, composto por tres corpus: o CorTec (Corpus Técnico), o CorTrad (Corpus de Traducións) e o CoMAprend (Corpus de Aprendices). O artigo conclúe con comentarios sobre outras aplicacións da Lingüística de Corpus.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"1 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"129995506","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Escollas colocacionais a partir dun corpus de estudantes de tradución e a importancia do desenvolvemento da competencia colocacional","authors":"Adriane Orenha-Ottaiano","doi":"10.52740/cfg.21.21.02.00003","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.02.00003","url":null,"abstract":"O obxectivo deste artigo é extraer e analizar as colocacións empregadas por estudantes de tradución a partir dun corpus paralelo chamado Corpus de Aprendizes de Traduçao (CAT), formado por textos orixinalmente escritos en portugués e traducións para a lingua inglesa, por medio das ferramentas de computación dispoñibles grazas á plataforma Sketch Engine (Kilgarriff et al 2004). Todos os textos orixinais e traducidos alimentaron o Multilingual Student Translation Corpus (MUST2), baixo a nosa coordinación na Universidade Estadual Paulista (UNESP) e baixo a dirección das Profs. Dras. Sylviane Granger e Marie-Aude Lefer (Granger e Lefer, 2020), da Université Catholique de Louvain. Ao analizar as escollas colocacionais utilizadas polos aprendices de tradución, buscamos debater tamén cales serían as opcións de tradución máis frecuentemente empregadas na lingua albo por medio do corpus EnTenTen15. Baseándose no resultado deste estudo, é posible destacar a importancia de promover o desenvolvemento da competencia colocacional nos cursos de formación de tradutores. Investigacións como a proposta tamén poden contribuír a unha mellor comprensión da dificultade e complexidade na tradución de colocacións. Ademais, pode sinalar a necesidade de crear ferramentas, materias didácticos e dicionarios dirixidos ao ensino e aprendizaxe de colocacións (Orenha-Ottaiano, 2015, 2017), así como para axudar na escolla das mellores opcións na tradución de colocacións, co obxectivo de desenvolver a competencia colocacional do tradutor estudante e profesional.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"292 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"115214791","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A fraseoloxía especializada: produtos fraseográficos e aplicacións","authors":"Cleci Regina Bevilacqua","doi":"10.52740/cfg.21.21.01.00002","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.01.00002","url":null,"abstract":"Este texto trata sobre a fraseoloxía especializada e pon o seu foco nos produtos fraseográficos e as súas aplicacións, considerando algunhas das ideas propostas pola profesora Maria Aparecida Barbosa, profesora da Universidade de São Paulo e homenaxeada neste escrito. Inicialmente, presentamos algúns conceptos sobre as unidades fraseolóxicas especializadas (UFEs), destacando dúas tendencias principais en relación cos tipos de fraseoloxías especializadas: as colocacións e as fórmulas. A seguir, discutimos a nosa noción das UFEs, considerándoas unidades sintagmáticas recorrentes en situacións de comunicación de áreas temáticas que revelan unha preferencia evidente por especificidades e por convencións propias do idioma, da área e do xénero textual en que ocorren. Revisamos as principais ideas da profesora Barbosa relacionadas coa terminoloxía, etno-terminoloxía, fraseoloxía e as súas aplicacións, destacando ademais a importancia das linguaxes especializadas para a constitución das áreas de coñecemento e para a formación de especialistas. Posteriormente, mostramos exemplos de UFEs das áreas de Dereito Ambiental e da Conservación e Restauración de Bens Culturais Móbeis en papel. Indicamos os criterios para a súa selección e os campos de fichas fraseográficas para o seu rexistro en bases de datos en liña, a partir de proxectos desenvolvidos polo grupo Temisul. Seguindo as ideas de Barbosa, salientamos a importancia deses produtos tanto para profesionais da linguaxe (tradutores, redactores e revisores de textos especializados), como para os aprendices das diferentes áreas do coñecemento. Esperamos, deste xeito, poder amosar a importancia da fraseoloxía e da fraseografía no ámbito da terminoloxía e dos estudos do léxico, ben para a conformación das diferentes áreas do coñecemento, ben para a súa aprendizaxe.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"14 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"128140842","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A fraseoloxía no Cantigueiro de Cotobade de Antonio Fraguas","authors":"Ramón Anxo Martíns Seixo","doi":"10.52740/cfg.21.21.06.00007","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.06.00007","url":null,"abstract":"Esta recadádiva recolle e explica as diferentes unidades fraseolóxicas contidas no Cantigueiro de Cotobade, de Antonio Fraguas Fraguas.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"62 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"125889044","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Léxico, identidade e discurso nas expresións idiomáticas brasileiras","authors":"Maria Luisa Ortiz Álvarez","doi":"10.52740/cfg.21.21.03.00004","DOIUrl":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.03.00004","url":null,"abstract":"De acordo con Lakoff & Johnson (2002: 71), as expresións idiomáticas configúranse como instrumento interesante para evidenciar a relación embrionaria entre lingua e cultura, xa que “os valores fundamentais de uma cultura serão coerentes com a estrutura metafórica dos conceitos fundamentais dessa cultura”. Para González Rey (2007: 112), estas expresións estereotipadas transmiten representacións mentais moi enraizadas na comunidade lingüística onde foran creadas, que, en ocasións, contribúen para perpetuar ideas, independentemente da súa veracidade. O noso obxectivo é traer unha mostra de expresións idiomáticas opacas do portugués do Brasil, en contexto de uso, tentando contribuír á súa comprensión, en relación ao valor cultural, social e identitario que as caracteriza.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"12 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"127811656","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}