{"title":"A fraseoloxía especializada: produtos fraseográficos e aplicacións","authors":"Cleci Regina Bevilacqua","doi":"10.52740/cfg.21.21.01.00002","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Este texto trata sobre a fraseoloxía especializada e pon o seu foco nos produtos fraseográficos e as súas aplicacións, considerando algunhas das ideas propostas pola profesora Maria Aparecida Barbosa, profesora da Universidade de São Paulo e homenaxeada neste escrito. Inicialmente, presentamos algúns conceptos sobre as unidades fraseolóxicas especializadas (UFEs), destacando dúas tendencias principais en relación cos tipos de fraseoloxías especializadas: as colocacións e as fórmulas. A seguir, discutimos a nosa noción das UFEs, considerándoas unidades sintagmáticas recorrentes en situacións de comunicación de áreas temáticas que revelan unha preferencia evidente por especificidades e por convencións propias do idioma, da área e do xénero textual en que ocorren. Revisamos as principais ideas da profesora Barbosa relacionadas coa terminoloxía, etno-terminoloxía, fraseoloxía e as súas aplicacións, destacando ademais a importancia das linguaxes especializadas para a constitución das áreas de coñecemento e para a formación de especialistas. Posteriormente, mostramos exemplos de UFEs das áreas de Dereito Ambiental e da Conservación e Restauración de Bens Culturais Móbeis en papel. Indicamos os criterios para a súa selección e os campos de fichas fraseográficas para o seu rexistro en bases de datos en liña, a partir de proxectos desenvolvidos polo grupo Temisul. Seguindo as ideas de Barbosa, salientamos a importancia deses produtos tanto para profesionais da linguaxe (tradutores, redactores e revisores de textos especializados), como para os aprendices das diferentes áreas do coñecemento. Esperamos, deste xeito, poder amosar a importancia da fraseoloxía e da fraseografía no ámbito da terminoloxía e dos estudos do léxico, ben para a conformación das diferentes áreas do coñecemento, ben para a súa aprendizaxe.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"14 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.01.00002","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Este texto trata sobre a fraseoloxía especializada e pon o seu foco nos produtos fraseográficos e as súas aplicacións, considerando algunhas das ideas propostas pola profesora Maria Aparecida Barbosa, profesora da Universidade de São Paulo e homenaxeada neste escrito. Inicialmente, presentamos algúns conceptos sobre as unidades fraseolóxicas especializadas (UFEs), destacando dúas tendencias principais en relación cos tipos de fraseoloxías especializadas: as colocacións e as fórmulas. A seguir, discutimos a nosa noción das UFEs, considerándoas unidades sintagmáticas recorrentes en situacións de comunicación de áreas temáticas que revelan unha preferencia evidente por especificidades e por convencións propias do idioma, da área e do xénero textual en que ocorren. Revisamos as principais ideas da profesora Barbosa relacionadas coa terminoloxía, etno-terminoloxía, fraseoloxía e as súas aplicacións, destacando ademais a importancia das linguaxes especializadas para a constitución das áreas de coñecemento e para a formación de especialistas. Posteriormente, mostramos exemplos de UFEs das áreas de Dereito Ambiental e da Conservación e Restauración de Bens Culturais Móbeis en papel. Indicamos os criterios para a súa selección e os campos de fichas fraseográficas para o seu rexistro en bases de datos en liña, a partir de proxectos desenvolvidos polo grupo Temisul. Seguindo as ideas de Barbosa, salientamos a importancia deses produtos tanto para profesionais da linguaxe (tradutores, redactores e revisores de textos especializados), como para os aprendices das diferentes áreas do coñecemento. Esperamos, deste xeito, poder amosar a importancia da fraseoloxía e da fraseografía no ámbito da terminoloxía e dos estudos do léxico, ben para a conformación das diferentes áreas do coñecemento, ben para a súa aprendizaxe.