{"title":"Léxico, identidade e discurso nas expresións idiomáticas brasileiras","authors":"Maria Luisa Ortiz Álvarez","doi":"10.52740/cfg.21.21.03.00004","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"De acordo con Lakoff & Johnson (2002: 71), as expresións idiomáticas configúranse como instrumento interesante para evidenciar a relación embrionaria entre lingua e cultura, xa que “os valores fundamentais de uma cultura serão coerentes com a estrutura metafórica dos conceitos fundamentais dessa cultura”. Para González Rey (2007: 112), estas expresións estereotipadas transmiten representacións mentais moi enraizadas na comunidade lingüística onde foran creadas, que, en ocasións, contribúen para perpetuar ideas, independentemente da súa veracidade. O noso obxectivo é traer unha mostra de expresións idiomáticas opacas do portugués do Brasil, en contexto de uso, tentando contribuír á súa comprensión, en relación ao valor cultural, social e identitario que as caracteriza.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"12 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"1900-01-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.52740/cfg.21.21.03.00004","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
Léxico, identidade e discurso nas expresións idiomáticas brasileiras
De acordo con Lakoff & Johnson (2002: 71), as expresións idiomáticas configúranse como instrumento interesante para evidenciar a relación embrionaria entre lingua e cultura, xa que “os valores fundamentais de uma cultura serão coerentes com a estrutura metafórica dos conceitos fundamentais dessa cultura”. Para González Rey (2007: 112), estas expresións estereotipadas transmiten representacións mentais moi enraizadas na comunidade lingüística onde foran creadas, que, en ocasións, contribúen para perpetuar ideas, independentemente da súa veracidade. O noso obxectivo é traer unha mostra de expresións idiomáticas opacas do portugués do Brasil, en contexto de uso, tentando contribuír á súa comprensión, en relación ao valor cultural, social e identitario que as caracteriza.