{"title":"Matemática da COVID para 4º ESO no confinamento","authors":"Luis Carlos Cachafeiro","doi":"10.54954/202192053","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192053","url":null,"abstract":"Presentamos unha experiencia de aula realizada entre marzo e abril de 2020 cun grupo de 4º de ESO durante o confinamento. Nela conectamos a realidade vital do encerro nas casas coa docencia e aprendizaxe do alumnado. Empregamos na aula dú as caras da matemática, a do contido docente e a da ferramenta para entender situacións reais cotiás. Na experiencia descrita, usamos as funcións exponenciais e logarı́tmicas para analizar cuestións relacionadas coa pandemia, como as razó ns do rápido crecemento desta e o tipo de evolució n en función do número de contaxios de cada doente. Tamén amosamos como a trigonometrı́a se pode empregar para proporlles ao alumnado problemas relacionados coa xestión do espazo público e en xeral da propia organizació n espacial de xeito cuantitativo. Analizamos tamén algúns elementos das respostas recibidas, observando a enorme diferenza entre os distintos grupos de alumnado e as dificultades para chegar a unha parte deste.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"141 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"115181443","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Medindo na casa a concentración dunha disolución con soluto gasoso","authors":"Ramón Cid, Isaac Valiña","doi":"10.54954/202192027","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192027","url":null,"abstract":"As actividades experimentais conectadas co currículo escolar realizadas polo alumnado nas súas casas non son só un complemento ás levadas a cabo no centro escolar -suplindo as máis das veces a falta de tempo nas materias de ciencias nalgúns cursos da secundaria obrigatoria – senón que en si mesmo poden chegar a ser para os estudantes enormemente enriquecedoras en si mesmas en termos de aprendizaxe. Presentamos aquí un traballo experimental proposto ao alumnado de 3º da ESO na materia de Física e Química consistente en medir nas súas casas a concentración de dióxido de carbono nun refresco carbonatado, e vendo como varía a súa concentración co tempo e a temperatura. Esta actividade formou parte dun grupo de traballos procedimentais voluntarios formulados a este alumnado durante o confinamento pola pandemia da Covid-19, aínda que tamén forma parte dunha estratexia habitual para os contidos procedimentais neste curso, debido a que só se conta con dúas sesións lectivas por semana. A acción aquí presentada ten unha tripla implicación, pois dunha parte permite abordar un contido moi importante no currículo de Física e Química, como é a medida de concentracións de disolucións; doutra, implica a presenza dun soluto gasoso, que non é nada habitual para este tipo de actividades; e en terceiro lugar está o contexto, xa que aborda un asunto cercano ao alumnado, como a cantidade de gas que ten un refresco (que é unha das súas propiedades máis características) e como depende ela da temperatura e o tempo.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"146 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"123485694","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Sete leccións da COVID","authors":"Constantino Armesto","doi":"10.54954/202192037","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192037","url":null,"abstract":"O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declara pandemia a infección causada polo SARS-CoV-2. Hoxe pode anunciarse que xamais na historia da ciencia houbo tanto coñecemento acumulado sobre un virus aos poucos meses de descubrirse; pero a epidemioloxía, como calquera ciencia, necesita tempo para repetir os experimentos e confirmar os resultados; o quefacer científico non é compatible coa présa dos medios de comunicación ou a urxente demanda de información por parte do público (1). Ademais, a epidemioloxía e a viroloxía corríxense continuamente (2), o que hai meses se dubidaba ou se ignoraba, hoxe sábese; talvez iso produza desconfianza nos profanos; pero os científicos saben que é o método correcto. Entre a abundante información sobre este virus en particular (3) e sobre os virus en xeral (4) vou seleccionar algúns resultados que talvez nos ilustren sobre o comportamento da natureza e os seus efectos sobre nós.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"15 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"124640885","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
Manolo R. Bermejo, Sandra Fernández Fariña, M. I. Fenández García, Esther Gómez Fórneas, Ana M. González Noya, Marcelino Maneiro, Miguel Martínez-Calvo, Rosa Pedrido, Laura Rodríguez-Silva, Lara Rouco, Isabel Velo Heleno, Beatriz Fernández-Fernández, M. I. García Seijo
{"title":"Curso aberto Química, unha ciencia experimental","authors":"Manolo R. Bermejo, Sandra Fernández Fariña, M. I. Fenández García, Esther Gómez Fórneas, Ana M. González Noya, Marcelino Maneiro, Miguel Martínez-Calvo, Rosa Pedrido, Laura Rodríguez-Silva, Lara Rouco, Isabel Velo Heleno, Beatriz Fernández-Fernández, M. I. García Seijo","doi":"10.54954/202192107","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192107","url":null,"abstract":"As medidas de confinamento derivadas da pandemia da COVID afondaron na necesidade do desenvolvemento de ferramentas educativas en liña ás que o alumnado poda acceder en remoto autonomamente de maneira asíncrona. Neste artigo descríbese a nosa proposta dun curso aberto de química en liña a partir dun enfoque experimental, baseado principalmente en prácticas de laboratorio coas que se pretende introducir os conceptos desta disciplina. O curso está dividido en seis leccións ou módulos, para cada un dos cales se elaborou un resumo, un conxunto de vídeos e un cuestionario de avaliación. O curso completo comprende vinte e seis vídeos e está en aberto, xa á disposición da comunidade educativa.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"2012 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"129191225","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A Táboa Periódica do confinamento","authors":"María Goretti Castro, José Luis Fernández Rodrigo","doi":"10.54954/202192007","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192007","url":null,"abstract":"A Táboa Periódica do confinamento Editar \"A Táboa Periódica do confinamento\" Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 7-16 (2021) https://doi.org/10.54954/202192007 Acceso ao artigo completo en PDF A Táboa Periódica do confinamento María Goretti Castro Justo e José Luís Fernández Rodrigo (IES As Barxas de Moaña) A Táboa Periódica do Confinamento que aquí presentamos é unha táboa especial polo momento excepcional no que se realizou. Como todas as táboas periódicas está formada por elementos químicos onde cada elemento segue situado no grupo e período ao que pertence pero é especial porque expresa outras propiedades. Propiedades que non poden ser medidas de maneira física, pero que representan algo máis que un valor ou unha cantidade, representan todo aquilo que vivimos, e viviron os nosos alumnos e alumnas, nun determinado momento excepcional das nosas vidas, sen perder a periodicidade xa que atopamos que esas propiedades, que nós non podemos medir de maneira obxectiva, representan sentimentos, accións ou situacións que son comúns entre o alumnado. Tamén aparecen ocos, espazos baleiros que ningún rapaz chegou a ocupar, por diversas circunstancias, e que nos fan regresar ao inicio da táboa, cando Dimitri Mendeléiev e outros científicos xeraron o primeiro gran esquema para organizar todos os elementos coñecidos nese momento, deixando algúns espazos en branco na súa táboa e facendo a suposición de que algún día se descubrirían novos elementos para cubrir esas lagoas. Esta actividade realizouse durante os meses de marzo a xuño do curso 2019-2020, tempo que se corresponde co período de confinamento, de maneira virtual a través da aula virtual do centro e contando con todo o alumnado de 3º da ESO, aos que nas derradeiras semanas sumóuselle alumnado de 1º de bacharelato científico.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"41 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"131209751","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A pandemia a través de táboas e gráficos","authors":"José Antonio Carpente","doi":"10.54954/202192065","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192065","url":null,"abstract":"Este traballo non ten outra finalidade que compartir táboas e gráficos obtidos a partir de datos oficiais nas distintas vagas da pandemia. A primeira parte refírese á primeira vaga e céntrase na evolución en España e Galicia. A segunda parte céntrase na incidencia acumulada nas sete cidades galegas e na comarca de Ferrolterra durante a fin da segunda vaga e na terceira.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"94 2","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"132154413","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Análise do cuestionario do barómetro do CIS de abril de 2020","authors":"José Antonio Carpente","doi":"10.54954/202192017","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192017","url":null,"abstract":"Neste artigo preténdese poñer énfase na importancia da elaboración do cuestionario dunha enquisa para minimizar os erros e facela, xa que logo, de máis calidade e utilidade. Primeiramente, repásanse os distintos tipos de erros que poden aparecer ao elaborar unha enquisa; a continuación, enuméranse distintas técnicas e estratexias para minimizar eses erros; finalmente, faise unha análise dalgunhas preguntas do barómetro do CIS de abril de 2020.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"12 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"131104502","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"O indómito número pi (conto matemático)","authors":"Antom Labranha","doi":"10.54954/202192099","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202192099","url":null,"abstract":"Neste artigo utilízase un conto matemático para tentar contribuír -como se indica no Currículo a respecto da interrelación entre as diferentes áreas de coñecemento-, neste caso dende a competencia matemática, á competencia lingüística. Con el preténdese, finalmente, incitar a botar as contas e indagar/enredar sobre a circunferencia de Salomón e se lle quedaba ou non un resto e, se lle quedase, de canto era.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"29 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2021-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"131442861","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A Química, a Táboa Periódica e o Estado do Benestar","authors":"Manolo R. Bermejo","doi":"10.54954/202090247","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090247","url":null,"abstract":"Neste capítulo pretendo facer unha reflexión, moi persoal, sobre como considero de transcendental a influencia que a Táboa Periódica exerce na química, e a influencia desta no histórico desenvolvemento da nosa sociedade, ata conseguir o Estado de Benestar que hoxe temos. Quero tamén lembrar que a declaración da UNESCO de decembro de 2017 proclamando o ano 2019 como “Ano Internacional da Táboa Periódica”, non só pretendía celebrar os 150 da publicación da táboa periódica de Mendeleev, e outras moitas efemérides, senón tamén subliñar neste ano “as achegas das ciencias experimentais (física e química) ao desenvolvemento sostible”. Esta proclama da UNESCO mándanos, ao profesorado das ciencias actuais e, de modo particular aos químicos, a dicirlle á sociedade actual quen somos, canto de bo ten a nosa profesión e canto de importante é, hoxe, para resolver os problemas existentes.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"9 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"125319226","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Tomás Batuecas: un químico galego no sistema periódico","authors":"Ramón Cid, Manolo R. Bermejo","doi":"10.54954/202090105","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090105","url":null,"abstract":"Este ano 2019 estanse celebrando moitos acontecementos relacionados coa química: os 150 anos da creación da T. P. moderna, por Dimitri Mendeleev; os 1 00 nos da entrada en funcionamento da IUPAC; os 230 anos da publicación do “Tratado Elemental de Química”, de Antoine Lavoisier;…etc. Na nosa Asociación, ENCIGA, iniciamos o pasado ano 2018, no congreso XXXI que tivo lugar en Lalín, a antesala das celebracións deste ano e, entre outros moitos actos, publicamos un exemplar extraordinario do noso Boletín, o Nº 87, dedicado a lembrar, situar e comentar as diversas celebracións deste ano 2019. Este ano, tamén, escolleuse como científico do ano en Galicia a Tomás Batuecas Marugán. Ten algo que ver, este científico galego, coa táboa periódica? Terá algo que ver coa IUPAC? Cal é a posible razón da súa elección como galego do ano no mundo da ciencia? Sabemos cal é a súa transcendencia científica?. Con motivo da celebración do día da ciencia en Galicia, o Consello da Cultura Galega encargounos a realización dunha Unidade Didáctica dedicada a facer unha semblanza da contribución científica do personaxe homenaxeado. Neste artigo queremos lembrarvos a todos vos a valía científica deste destacado profesor universitario galego.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"27 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"130331763","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}