{"title":"Ideoloxía e identidade no discurso musical","authors":"Mª Belén Senín Santiago","doi":"10.32766/cdl.39.782","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"No panorama actual da música a nivel global, os xéneros urbanos como o trap ou o hip-hop atópanse en auxe, especialmente entre a mocidade. O caso galego non é unha excepción. Se ben o hip-hop gozaba xa de certa traxectoria, a entrada en escena do trap é, aínda que recente, innegablemente triunfal. Porén, constituiría unha grave ausencia de análise reducir a popularidade destes xéneros a meras tendencias. A música, como produto cultural fillo do contexto no que nace, serve de ferramenta para a creación ou reforzo da identidade, e como tal non está exenta de ideoloxía. Así, a través da análise dos devanditos xéneros baixo o prisma da análise crítica do discurso, amosaremos como estes encerran dúas posturas opostas no que á identidade e a ideoloxía transmitida se refire, dúas reaccións diferentes ao mundo da modernidade líquida.","PeriodicalId":256958,"journal":{"name":"Cadernos de Lingua","volume":"29 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-07-13","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Lingua","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.32766/cdl.39.782","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
No panorama actual da música a nivel global, os xéneros urbanos como o trap ou o hip-hop atópanse en auxe, especialmente entre a mocidade. O caso galego non é unha excepción. Se ben o hip-hop gozaba xa de certa traxectoria, a entrada en escena do trap é, aínda que recente, innegablemente triunfal. Porén, constituiría unha grave ausencia de análise reducir a popularidade destes xéneros a meras tendencias. A música, como produto cultural fillo do contexto no que nace, serve de ferramenta para a creación ou reforzo da identidade, e como tal non está exenta de ideoloxía. Así, a través da análise dos devanditos xéneros baixo o prisma da análise crítica do discurso, amosaremos como estes encerran dúas posturas opostas no que á identidade e a ideoloxía transmitida se refire, dúas reaccións diferentes ao mundo da modernidade líquida.