{"title":"O Maio do Outono. Refráns romances do mes de outubro","authors":"José Enrique Gargallo Gil, Joan Fontana i Tous","doi":"10.52740/cfg.22.22.03.00011","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"O presente artigo recolle unha selección de refráns romances relativos ao mes de outubro que permite caracterizar de xeito esencial o correspondente espazo de tempo dende a mirada da sabedoría popular. Como deixan ver as diferentes paremias, outubro é un mes de tránsito entre a calor e o frío, o que repercute en aspectos como o ciclo agrícola (as sementeiras ou a vendima), na emigración das andoriñas, na extinción de vermes, moscas e mosquitos, entre outros. A outubro atribúenselle tamén perfís atmosféricos diversos como a choiva, a treboada, a néboa, de carácter máis ocasional, e mais outros, de tipo estacional, como a calor tardía asociable aos veranciños ou veráns serodios, ou ben o frío outonal que aconsella abrigarse ou refuxiarse ao carón da lareira xa dende este mes. No contexto do ano é moi característica dos refráns sobre os meses a relación entre diversos espazos de tempo. Neste sentido, cómpre salientar a prefiguración de sete lúas para sete meses que expresa un grupo de paremias do ámbito iberorrománico. Tamén outubro, como é característico dos meses, preséntase nalgunhas paremias baixo a figura da personificación.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"3 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-05-01","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.52740/cfg.22.22.03.00011","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
O Maio do Outono. Refráns romances do mes de outubro
O presente artigo recolle unha selección de refráns romances relativos ao mes de outubro que permite caracterizar de xeito esencial o correspondente espazo de tempo dende a mirada da sabedoría popular. Como deixan ver as diferentes paremias, outubro é un mes de tránsito entre a calor e o frío, o que repercute en aspectos como o ciclo agrícola (as sementeiras ou a vendima), na emigración das andoriñas, na extinción de vermes, moscas e mosquitos, entre outros. A outubro atribúenselle tamén perfís atmosféricos diversos como a choiva, a treboada, a néboa, de carácter máis ocasional, e mais outros, de tipo estacional, como a calor tardía asociable aos veranciños ou veráns serodios, ou ben o frío outonal que aconsella abrigarse ou refuxiarse ao carón da lareira xa dende este mes. No contexto do ano é moi característica dos refráns sobre os meses a relación entre diversos espazos de tempo. Neste sentido, cómpre salientar a prefiguración de sete lúas para sete meses que expresa un grupo de paremias do ámbito iberorrománico. Tamén outubro, como é característico dos meses, preséntase nalgunhas paremias baixo a figura da personificación.