Geisy Labrada Hernández, Irina Bidot Martínez, Celia María Péres Marqués
{"title":"De zoónimos e zoomorfismos no discurso carcerario da novela Hombres sin mujer de Carlos Montenegro","authors":"Geisy Labrada Hernández, Irina Bidot Martínez, Celia María Péres Marqués","doi":"10.52740/cfg.22.23.04.00030","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"No traballo, despois de fundamentar unha concepción teórica concorde ó obxectivo previsto, coméntanse brevemente as funcións que desempeñan algúns zoomorfismos, como tipoloxía especial de unidades fraseolóxicas, na novela Hombres sin mujer, publicada en 1938 polo escritor cubano de orixe galego Carlos Montenegro. Explícanse ademais, as principais achegas destas expresións e outras metáforas zoomorfas á obra literaria mencionada e a súa efectividade na reprodución do argot ou linguaxe carceraria empregada nela. Para isto extraéronse, con apoio na técnica fraseolóxica e de forma manual, 161 expresións zoomorfas da novela. Na análise das funcións dos zoomorfismos tivéronse en conta as recoñecidas por Zuluaga (1997) para as unidades fraseolóxicas en xeral. Dita novela, pouco tratada pola historiografía literaria cubana, distínguese por unha presenza considerable de zoomorfismos, os cales constitúen, á vez, unha ferramenta efectiva no seu achegamento. Estes contribúen, sobre todo, a reproducir fielmente o discurso carcerario, a estruturar a narración e, ó par, actúan como instrumentos de denuncia do declive do réxime penal da época.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"27 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-12-26","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.52740/cfg.22.23.04.00030","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
No traballo, despois de fundamentar unha concepción teórica concorde ó obxectivo previsto, coméntanse brevemente as funcións que desempeñan algúns zoomorfismos, como tipoloxía especial de unidades fraseolóxicas, na novela Hombres sin mujer, publicada en 1938 polo escritor cubano de orixe galego Carlos Montenegro. Explícanse ademais, as principais achegas destas expresións e outras metáforas zoomorfas á obra literaria mencionada e a súa efectividade na reprodución do argot ou linguaxe carceraria empregada nela. Para isto extraéronse, con apoio na técnica fraseolóxica e de forma manual, 161 expresións zoomorfas da novela. Na análise das funcións dos zoomorfismos tivéronse en conta as recoñecidas por Zuluaga (1997) para as unidades fraseolóxicas en xeral. Dita novela, pouco tratada pola historiografía literaria cubana, distínguese por unha presenza considerable de zoomorfismos, os cales constitúen, á vez, unha ferramenta efectiva no seu achegamento. Estes contribúen, sobre todo, a reproducir fielmente o discurso carcerario, a estruturar a narración e, ó par, actúan como instrumentos de denuncia do declive do réxime penal da época.