{"title":"Locucións verbais, adverbiais e adxectivas no I acto de Voluntad de Benito Pérez Galdós","authors":"Domenico Daniele Lapedota","doi":"10.52740/cfg.22.23.05.00031","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Neste traballo seleccionamos as locucións verbais, adverbiais e adxectivas recollidas no primeiro acto dunha das comedias menos coñecidas de Benito Pérez Galdós. O saber literario do novelista e dramaturgo, como indican as nosas investigacións, baséase non só na intensidade dun léxico finamente entretecido, nunca aleatorio, senón tamén, neste caso, na riqueza da fraseoloxía, que lle serve ao autor para caracterizar eficazmente os seus personaxes. O corpus confeccionado réxese por parámetros de agrupación útiles de cara á sistematización e análise do material lingüístico extraído a partir da detida lectura do acto en cuestión. A pesar de que non considerabamos ningún enfoque ecdótico, pretendemos destacar, grazas á edición crítica elaborada por Juan Gallego Gómez (2000), a intención galdosiana para nada inconsciente de enriquecer as versións posteriores con fraseoloxismos que, de feito, non cabían na primeira ideación. O estudo finaliza cunha sorte de reconto estatístico orientado á distinción dos personaxes que interveñen na obra segundo a abundancia da súa aportación fraseolóxica.","PeriodicalId":282678,"journal":{"name":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","volume":"42 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-12-26","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Fraseoloxía Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.52740/cfg.22.23.05.00031","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Neste traballo seleccionamos as locucións verbais, adverbiais e adxectivas recollidas no primeiro acto dunha das comedias menos coñecidas de Benito Pérez Galdós. O saber literario do novelista e dramaturgo, como indican as nosas investigacións, baséase non só na intensidade dun léxico finamente entretecido, nunca aleatorio, senón tamén, neste caso, na riqueza da fraseoloxía, que lle serve ao autor para caracterizar eficazmente os seus personaxes. O corpus confeccionado réxese por parámetros de agrupación útiles de cara á sistematización e análise do material lingüístico extraído a partir da detida lectura do acto en cuestión. A pesar de que non considerabamos ningún enfoque ecdótico, pretendemos destacar, grazas á edición crítica elaborada por Juan Gallego Gómez (2000), a intención galdosiana para nada inconsciente de enriquecer as versións posteriores con fraseoloxismos que, de feito, non cabían na primeira ideación. O estudo finaliza cunha sorte de reconto estatístico orientado á distinción dos personaxes que interveñen na obra segundo a abundancia da súa aportación fraseolóxica.