{"title":"Cantas pezas ten o crebacabezas? A corresponsabilidade no persoal docente e investigador da Universidade de Vigo","authors":"Iria Vázquez Silva","doi":"10.17979/arief.2020.5.1.6820","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Neste artigo presentarei unha análise da corresponsabilidade entre a vida persoal, familiar e laboral do Persoal docente e investigador que traballa na Universidade de Vigo. A partir da explotación de 29 entrevistas en profundidade examinarei as necesidades e demandas detectadas no PDI no ámbito da corresponsabilidade, analizando o seu impacto na traxectoria profesional. O asentamento da precariedade laboral na universidade, as xornadas vespertinas, a falla de transparencia na asignación de materias e horarios e a penalización da maternidade na carreira profesional son, a día de hoxe, algunhas das barreiras máis relevantes para acadar maiores cotas de corresponsabilidade e igualdade na Universidade de Vigo. Ademais, os recentes indicadores da nova realidade poscovid-19 indican un afondamento aínda maior nestas desigualdades de xénero.","PeriodicalId":174921,"journal":{"name":"Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas","volume":"30 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2021-12-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.17979/arief.2020.5.1.6820","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
Cantas pezas ten o crebacabezas? A corresponsabilidade no persoal docente e investigador da Universidade de Vigo
Neste artigo presentarei unha análise da corresponsabilidade entre a vida persoal, familiar e laboral do Persoal docente e investigador que traballa na Universidade de Vigo. A partir da explotación de 29 entrevistas en profundidade examinarei as necesidades e demandas detectadas no PDI no ámbito da corresponsabilidade, analizando o seu impacto na traxectoria profesional. O asentamento da precariedade laboral na universidade, as xornadas vespertinas, a falla de transparencia na asignación de materias e horarios e a penalización da maternidade na carreira profesional son, a día de hoxe, algunhas das barreiras máis relevantes para acadar maiores cotas de corresponsabilidade e igualdade na Universidade de Vigo. Ademais, os recentes indicadores da nova realidade poscovid-19 indican un afondamento aínda maior nestas desigualdades de xénero.