{"title":"Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial","authors":"Eva María Domínguez Noya, Vítor Míguez","doi":"10.15304/elg.14.8452","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un subtipo específico de substantivos, nomenclatura científica, sen concretar valores de xénero nin número. Describimos logo as actuacións desenvolvidas no kérnel ou núcleo e mais no corpus de adestramento para integra-la nova etiqueta no sistema XIADA e, a continuación, avaliamos dúas estratexias para a detección de candidatos: unha ferramenta específica para a súa extracción e inventarios dispoñibles en Internet. Por último, á luz dos datos que proporciona o CORGA, constatamos unha presenza notable de termos científicos binomiais e demostrámo-la importancia da nova etiqueta para a súa identificación e distribución.","PeriodicalId":393852,"journal":{"name":"Estudos de Lingüística Galega","volume":null,"pages":null},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2022-12-07","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Estudos de Lingüística Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/elg.14.8452","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial
O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un subtipo específico de substantivos, nomenclatura científica, sen concretar valores de xénero nin número. Describimos logo as actuacións desenvolvidas no kérnel ou núcleo e mais no corpus de adestramento para integra-la nova etiqueta no sistema XIADA e, a continuación, avaliamos dúas estratexias para a detección de candidatos: unha ferramenta específica para a súa extracción e inventarios dispoñibles en Internet. Por último, á luz dos datos que proporciona o CORGA, constatamos unha presenza notable de termos científicos binomiais e demostrámo-la importancia da nova etiqueta para a súa identificación e distribución.