{"title":"Antes de soñármonos eléctricos. Ficción científica e distopía no final do franquismo","authors":"M. Regueira","doi":"10.5209/madr.88062","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"A relación da cultura galega con ámbitos como a ficción científica ten unha serie de características específicas. A historia literaria galega considera a publicación de Soños eléctricos de Ramón Caride en 1992 a primeira achega literaria a este subxénero; porén, existe unha serie de precedentes próximos á ficción científica entre o final do franquismo e a aparición desta obra emblemática. Neste artigo analízase a pegada desas propostas, previas á parte máis importante do desenvolvemento editorial galego e relativamente independentes das súas principais liñas de acción. Detéremonos especialmente na súa calidade de obras aparecidas nunha marxe cultural e histórica, polo feito de seren anteriores ou antagonistas da “cultura da normalización”. Asimesmo, na idea de que as especulacións futurista teñen sempre unha dimensión política implícita ou explícita, este artigo analiza cómo esta dimensión aparece nos casos de estudo. Para isto, centrarémonos na súa relación coa ciencia e a tecnoloxía, en como presentan a organización social, na posibilidade dunha lectura poscolonial e, máis específicamente, nas representacións de xénero e da sexualidade, aplicando o enfoque que ofrecen os estudos queer para identificar alternativas ou persistencias da cultura heteronormativa.","PeriodicalId":40596,"journal":{"name":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","volume":"411 1","pages":""},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2023-04-20","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Madrygal-Revista de Estudios Gallegos","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.5209/madr.88062","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LITERATURE, ROMANCE","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
A relación da cultura galega con ámbitos como a ficción científica ten unha serie de características específicas. A historia literaria galega considera a publicación de Soños eléctricos de Ramón Caride en 1992 a primeira achega literaria a este subxénero; porén, existe unha serie de precedentes próximos á ficción científica entre o final do franquismo e a aparición desta obra emblemática. Neste artigo analízase a pegada desas propostas, previas á parte máis importante do desenvolvemento editorial galego e relativamente independentes das súas principais liñas de acción. Detéremonos especialmente na súa calidade de obras aparecidas nunha marxe cultural e histórica, polo feito de seren anteriores ou antagonistas da “cultura da normalización”. Asimesmo, na idea de que as especulacións futurista teñen sempre unha dimensión política implícita ou explícita, este artigo analiza cómo esta dimensión aparece nos casos de estudo. Para isto, centrarémonos na súa relación coa ciencia e a tecnoloxía, en como presentan a organización social, na posibilidade dunha lectura poscolonial e, máis específicamente, nas representacións de xénero e da sexualidade, aplicando o enfoque que ofrecen os estudos queer para identificar alternativas ou persistencias da cultura heteronormativa.