{"title":"Pioneiros na terra dos comúns / Pioneers in the land of common","authors":"Germám Ermida","doi":"10.15304/ricd.2.6.4223","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"A cultura galega leva tempo a desenvolver un proceso de apertura a novas voces, historias e suxeitos. Hai xa anos que comezaron a abrollar no país as iniciativas que dan voz ás pequenas historias, aos saberes descoñecidos, ás subalternidades. Décadas levan en marcha as iniciativas de recolla de cancións tradicionais, das que milleiros de horas de gravacións fican en moitos casos inéditas. Aos poucos, foise abrindo o interese ás técnicas artesás, os bailes e o contexto no que se desenvolvían as celebracións de música e danza. Chegaron co tempo as historias de vida, en boa medida arredor do interese polo fenómeno migratorio, e a recuperación de fotografías antigas. Pola súa banda, a reivindicación da memoria histórica vencellada á represión franquista impulsou de xeito particular a investigación e o recoñecemento das lembranzas referidas a este momento histórico. Aos poucos, imos valorizando máis e máis aspectos. Imaxes, sons, técnicas, experiencias particulares e colectivas pasan a se considerar como tesouros dos que temos cousas que aprender. Aquí si podemos dicir que Internet e as novas tecnoloxías cumpriron en boa medida as súas promesas. Vencellados a estes procesos recuperación, a maior facilidade para o rexistro, arquivo, dixitalización e difusión permitiron visibilizar franxas de idade e colectivos afastados da centralidade. Mulleres, persoas do rural, xente de idade, viron como se lles daba valor a unhas experiencias e a uns coñecementos que ata o de entón foran sistematicamente ignorados e considerados inútiles. Como non podía ser menos, estes labores desenvolvéronse na maior parte dos casos de costas ao poder e á academia máis convencional. É da man de asociacións, técnicas de cultura locais e afeccionados, que se multiplican polo país webs, vídeos e gravacións a levar á luz pública historias de vida, fotografías, personaxes locais, vídeos con lembranzas, e, nos últimos anos, mesmo filmes domésticos e coñecementos tradicionais sobre a horta ou as festas. Cartografías Sensibles, en Vincios; Nomes e Voces, Fálame de San Sadurniño, Música en Branco, o Proxecto Buserana, Ponte na Fala en Ponteceso, Proxecto Socheo, o Mapa Emocional de San Pedro, o Faiado da Memoria, Phottic... A listaxe é ampla, e amosa ata que punto a recuperación de fotografías e de memoria está integrada nas actividades de dinamización cultural de proximidade, polo xeral cunha preeminencia do diálogo e da entrevista como sistema de traballo. Pioneiros na Terra dos Comúns","PeriodicalId":40953,"journal":{"name":"Revista Internacional de Comunicacion y Desarrollo","volume":" ","pages":""},"PeriodicalIF":0.3000,"publicationDate":"2017-07-28","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Revista Internacional de Comunicacion y Desarrollo","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/ricd.2.6.4223","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"Q4","JCRName":"COMMUNICATION","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
A cultura galega leva tempo a desenvolver un proceso de apertura a novas voces, historias e suxeitos. Hai xa anos que comezaron a abrollar no país as iniciativas que dan voz ás pequenas historias, aos saberes descoñecidos, ás subalternidades. Décadas levan en marcha as iniciativas de recolla de cancións tradicionais, das que milleiros de horas de gravacións fican en moitos casos inéditas. Aos poucos, foise abrindo o interese ás técnicas artesás, os bailes e o contexto no que se desenvolvían as celebracións de música e danza. Chegaron co tempo as historias de vida, en boa medida arredor do interese polo fenómeno migratorio, e a recuperación de fotografías antigas. Pola súa banda, a reivindicación da memoria histórica vencellada á represión franquista impulsou de xeito particular a investigación e o recoñecemento das lembranzas referidas a este momento histórico. Aos poucos, imos valorizando máis e máis aspectos. Imaxes, sons, técnicas, experiencias particulares e colectivas pasan a se considerar como tesouros dos que temos cousas que aprender. Aquí si podemos dicir que Internet e as novas tecnoloxías cumpriron en boa medida as súas promesas. Vencellados a estes procesos recuperación, a maior facilidade para o rexistro, arquivo, dixitalización e difusión permitiron visibilizar franxas de idade e colectivos afastados da centralidade. Mulleres, persoas do rural, xente de idade, viron como se lles daba valor a unhas experiencias e a uns coñecementos que ata o de entón foran sistematicamente ignorados e considerados inútiles. Como non podía ser menos, estes labores desenvolvéronse na maior parte dos casos de costas ao poder e á academia máis convencional. É da man de asociacións, técnicas de cultura locais e afeccionados, que se multiplican polo país webs, vídeos e gravacións a levar á luz pública historias de vida, fotografías, personaxes locais, vídeos con lembranzas, e, nos últimos anos, mesmo filmes domésticos e coñecementos tradicionais sobre a horta ou as festas. Cartografías Sensibles, en Vincios; Nomes e Voces, Fálame de San Sadurniño, Música en Branco, o Proxecto Buserana, Ponte na Fala en Ponteceso, Proxecto Socheo, o Mapa Emocional de San Pedro, o Faiado da Memoria, Phottic... A listaxe é ampla, e amosa ata que punto a recuperación de fotografías e de memoria está integrada nas actividades de dinamización cultural de proximidade, polo xeral cunha preeminencia do diálogo e da entrevista como sistema de traballo. Pioneiros na Terra dos Comúns