{"title":"Aspectos cognitivo-culturais subxacentes ao emprego dos marcadores evidenciais en galego","authors":"Mercedes González Vázquez","doi":"10.15304/moenia.id8848","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Este artigo pretende levar a cabo unha análise dalgúns aspectos subxacentes que inflúen no emprego dos marcadores evidenciais en galego. Tras a presentación do conxunto de formas de expresións evidenciais galegas, centrarémonos na influencia que o factor cognitivo do territorio da información (Kamio 1997) e o factor cultural da cortesía negativa (Brown & Levinson 1987) exercen sobre a decisión do emprego de expresións evidenciais. No tocante ao territorio da información, dous elementos determinan a presenza do evidencial: en primeiro lugar, a percepción de que información non pertence ao territorio do falante e, en segundo lugar, a percepción subxectiva de se o falante posúe autoridade epistémica para afirmar o contido proposicional. Canto á cortesía negativa, confírmase que é un aspecto prominente na aparición dos evidenciais en interacción. Así mesmo, amosaremos que o galego, como lingua falada nunha cultura con tendencia á cortesía negativa, posúe algunhas características verbais das culturas de afastamento (Haverkate 1994, 2000), tendentes ao emprego dos evidenciais como mecanismos atenuadores.","PeriodicalId":53908,"journal":{"name":"Moenia-Revista Lucense de Linguistica & Literatura","volume":" ","pages":""},"PeriodicalIF":0.1000,"publicationDate":"2023-08-22","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Moenia-Revista Lucense de Linguistica & Literatura","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/moenia.id8848","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"0","JCRName":"LANGUAGE & LINGUISTICS","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Este artigo pretende levar a cabo unha análise dalgúns aspectos subxacentes que inflúen no emprego dos marcadores evidenciais en galego. Tras a presentación do conxunto de formas de expresións evidenciais galegas, centrarémonos na influencia que o factor cognitivo do territorio da información (Kamio 1997) e o factor cultural da cortesía negativa (Brown & Levinson 1987) exercen sobre a decisión do emprego de expresións evidenciais. No tocante ao territorio da información, dous elementos determinan a presenza do evidencial: en primeiro lugar, a percepción de que información non pertence ao territorio do falante e, en segundo lugar, a percepción subxectiva de se o falante posúe autoridade epistémica para afirmar o contido proposicional. Canto á cortesía negativa, confírmase que é un aspecto prominente na aparición dos evidenciais en interacción. Así mesmo, amosaremos que o galego, como lingua falada nunha cultura con tendencia á cortesía negativa, posúe algunhas características verbais das culturas de afastamento (Haverkate 1994, 2000), tendentes ao emprego dos evidenciais como mecanismos atenuadores.