{"title":"Política lingüística familiar. O papel dos proxenitores pro-galego na transmisión interxeracional","authors":"Anik Nandi","doi":"10.15304/ELG.11.5064","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Nunha sociedade bilingüe cada individuo adulto ten as súas propias prácticas lingüísticas e crenzas sobre a elección do idioma dentro da familia; polo tanto, as prácticas lingüísticas no ámbito familiar son sumamente importantes para entender o proceso de transmisión interxeracional dunha lingua desfavorecida. O principal obxectivo deste traballo é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar dos hábitats urbano e peri-urbano. Cun enfoque etnográfico, analizarase a axencia dos proxenitores pro-galego que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel relevante na revitalización e mantemento da lingua fóra da escola, concretamente na familia. Para este estudo entrevistáronse proxenitores que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir de 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da Autonomía. A través de datos etnográficos, analízanse notas de campo e observacións, entrevistas semi-estruturadas cos proxenitores de Santiago de Compostela e Bertamiráns e dous grupos de discusión en Vigo e Santiago. Neste estudo tamén se propón unha aproximación de conceptos sociolingüísticos como política lingüística familiar e os seus efectos inmediatos na práctica lingüística a nivel micro, a planificación das linguas na familia e as estratexias que os proxenitores utilizan para transmitir a lingua galega.","PeriodicalId":393852,"journal":{"name":"Estudos de Lingüística Galega","volume":"185 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2019-07-30","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"5","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Estudos de Lingüística Galega","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.15304/ELG.11.5064","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 5
Abstract
Nunha sociedade bilingüe cada individuo adulto ten as súas propias prácticas lingüísticas e crenzas sobre a elección do idioma dentro da familia; polo tanto, as prácticas lingüísticas no ámbito familiar son sumamente importantes para entender o proceso de transmisión interxeracional dunha lingua desfavorecida. O principal obxectivo deste traballo é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar dos hábitats urbano e peri-urbano. Cun enfoque etnográfico, analizarase a axencia dos proxenitores pro-galego que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel relevante na revitalización e mantemento da lingua fóra da escola, concretamente na familia. Para este estudo entrevistáronse proxenitores que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir de 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da Autonomía. A través de datos etnográficos, analízanse notas de campo e observacións, entrevistas semi-estruturadas cos proxenitores de Santiago de Compostela e Bertamiráns e dous grupos de discusión en Vigo e Santiago. Neste estudo tamén se propón unha aproximación de conceptos sociolingüísticos como política lingüística familiar e os seus efectos inmediatos na práctica lingüística a nivel micro, a planificación das linguas na familia e as estratexias que os proxenitores utilizan para transmitir a lingua galega.