{"title":"Poesía, espolio e degradación medioambiental.","authors":"María Xesús Nogueira Pereira","doi":"10.17979/arief.2023.8.1.9000","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"A poesía de temática ecolóxica, nomeadamente aquela que denuncia agresións medioambientais, está a vivir no caso da literatura galega un momento de emerxencia que fai necesaria a súa análise. O presente artigo ten como obxectivo o estudo de manifestacións poéticas que, desde un punto de vista temático, poden encadrarse nos seguintes ciclos: a construción de encoros, a catástrofe do Prestige, as explotacións mineiras e o deterioro do monte. O traballo desenvólvese mediante a análise dun corpus de composicións representativas cuxa datación vai de finais dos anos sesenta do pasado século ao momento actual. O estudo do material, levado a cabo desde o marco teórico da ecocrítica, o ecofeminismo e o posthumanismo, revela unha serie de constantes na escritura ecolóxica, así como particularidades dos discursos de autoría feminina. Alén diso, permite apreciar unha mudanza que vai do cultivo puntual da poesía ecolóxica á súa incorporación ao repertorio.","PeriodicalId":174921,"journal":{"name":"Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas","volume":"39 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2023-01-09","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.17979/arief.2023.8.1.9000","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
A poesía de temática ecolóxica, nomeadamente aquela que denuncia agresións medioambientais, está a vivir no caso da literatura galega un momento de emerxencia que fai necesaria a súa análise. O presente artigo ten como obxectivo o estudo de manifestacións poéticas que, desde un punto de vista temático, poden encadrarse nos seguintes ciclos: a construción de encoros, a catástrofe do Prestige, as explotacións mineiras e o deterioro do monte. O traballo desenvólvese mediante a análise dun corpus de composicións representativas cuxa datación vai de finais dos anos sesenta do pasado século ao momento actual. O estudo do material, levado a cabo desde o marco teórico da ecocrítica, o ecofeminismo e o posthumanismo, revela unha serie de constantes na escritura ecolóxica, así como particularidades dos discursos de autoría feminina. Alén diso, permite apreciar unha mudanza que vai do cultivo puntual da poesía ecolóxica á súa incorporación ao repertorio.