{"title":"Primo Levi, a Táboa Periódica e máis eu","authors":"Constantino Armesto","doi":"10.54954/202090061","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090061","url":null,"abstract":"Volvín ler “A táboa periódica”, un fermoso libro escrito por Primo Levi. Se xa me gustaba cando se publicou en España no ano 2004, esta segunda lectura deleitoume, se cabe, aínda máis. O seu autor, químico de profesión, ademais de talentoso escritor, evoca varias aventuras humanas fascinantes, ligadas cada unha delas a un elemento químico. Comeza co argon, lembrando aos seus nobres antepasados; ségueo o relato dunha amizade de ferro; conta as desventuras que sofre quen confunde semellantes (ou substitúe o sodio polo potasio); o maleable e brando vanadio sérvelle para preguntarse se a pasividade ante o mal é responsable; o arsénico, arma para o cruel asasinato, tamén pode enxalzar a dignidade do perdón; o envelenamento que castigaba aos primitivos mineiros do chumbo é lendario; sublime a obtención do mercurio; e así sucesivamente con, nada menos que, vinte e un elementos. “Ao chegar a este momento da vida, que químico, ante a táboa periódica non recoñece, espallados por ela, os farrapos ou os trofeos do propio pasado profesional?… Ocorre, pois, que cada elemento lle di algo a cada un (a cada cal unha cousa diferente), igual que pasa cos vales ou as praias visitadas durante a mocidade”. Ao longo de todo o artigo atereime a estas indicacións. Inspirándome en Primo Levi quero lembrar os elementos da táboa periódica que me gustan e as historias que me suxiren; non comentarei as súas propiedades, obtención ou reaccións, tampouco destacarei a súa importa química ou económica, describirei as distintas ideas, nostalxias e emocións que espertan en min; porque eses coñecementos e esa paixón téntolla comunicar aos meus alumnos.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"25 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"132043074","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
Manolo R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido
{"title":"A Táboa Periódica na Química Inorgánica","authors":"Manolo R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido","doi":"10.54954/202090169","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090169","url":null,"abstract":"No século XVIII non había táboa periódica, pero si existía xa a Química Inorgánica, que os franceses chamaban “Chemie Minerale”. Ata finais do século XVIII e desde os tempos alquímicos, as químicas de todos os tempos miraban canto estaba ao seu redor e investigaban para coñecelo mellor e utilizalo na súa vida cotiá. Deste xeito foron descubrindo e utilizando os chamados metais clásicos (Au, Ag, Cu, Sn, Fe, Pb, e Hg), tamén o carbono e o xofre, e logo foron aparecendo moitos outros elementos químicos. Así ata 33 elementos, que os Lavoisier colocaron na súa Táboa das sustancias simples do seu libro “Tratado Elemental de Química”, no que incluíron tamén sustancias que erroneamente consideraron elementos. Incidentalmente anotaremos que, dende os filósofos clásicos (hai máis de 2300 anos) se enunciaron e se aceptaron como Elementos-Principio: a Auga, a Terra, o Aire e o Lume. Estes Elementos, enunciados como tales por Aristóteles, foron recuperados por Tomás de Aquino e os escolásticos para seren propagados no tempo ata chegar ao século XVIII, no que foron agrupados por G. Stahl na súa Teoría do Floxisto. A finais do século XVIII (entre 1780-1789) será o matrimonio Lavoisier quen, paseniño, irá desmontando esta teoría do floxisto ao demostrar que non se trataba de elementos, senón que eran compostos integrados por varios elementos químicos distintos. Nese derradeiro terzo de século o mundo da química era un auténtico caos: estábanse descubrindo novos elementos, pero tíñase pouca seguridade de que foran auténticos e novidosos. Tíñanse preparado moitos compostos, pero cada un era chamado como lle petaba ao seu descubridor, e mesmo un mesmo composto tiña diversos nomes en función de que investigador o citaba. Existía unha teoría, a do Floxisto, que semellaba ser incorrecta e non seguida por todos. Non existía unha linguaxe común, coa que todos se puideran entender. Non había unha linguaxe institucionalizada, como sucedía nas matemáticas e na física, na que todos cantos as practicaban puideran expresar as súas ideas e comunicarse,…etc. En resume, a Química non era, aínda, unha ciencia institucionalizada, como o eran as Matemáticas e a Física.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"16 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"127903514","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Xosé Rodríguez Carracido e a \"lei periódica\"","authors":"Francisco Díaz-Fierros","doi":"10.54954/202090097","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090097","url":null,"abstract":"Como sinalaba Bertomeu XR “resulta difícil atopar referencias ao sistema periódico de Mendeleiev nos manuais de ensino de química na primeira década da súa publicación (1870 -1880) ” xa que na maioría dos países europeos, esta, non comezou a ser coñecida ata a década seguinte: tal como aconteceu en Francia, Suecia ou Dinamarca. Nos países anglosaxóns e nos territorios checos semella que comezou algo antes – no contorno de 1877- e só en Rusia e Alemaña foi algo máis temperán o coñecemento do traballo de Mendeleiev así com o doutras versións contemporáneas da Táboa, como a de Lotar Meyer. En España, o coñecemento da táboa periódica, tivo unha cronoloxía semellante á dos países do seu contorno pois considérase que o primeiro libro que a recolleu foi o Tratado elemental de química general de Santiago Bonilla Mirat (1844-1899) profesor de química da Universidade de Valladolid, publicado en 1880. Nel, se citan os traballos de Mendeleiev e Meyer nun capítulo dedicado ao atomismo químico no que se sinala a existencia de “relacións moi importantes entre as propiedades físicas e químicas dos corpos e dos seus pesos atómicos, de tal xeito que aquelas están en función periódicacon estes”. Así mesmo, destaca o recente descubrimento dos elementos galio e escandio, dos que predixo a súa existencia Mendeleiev, como unha proba irrefutable do interese e validez da Táboa. Na terceira edición deste tratado (1884), que foi moi popular nas universidades e institutos da época, engádelle a que, posiblemente foi a primeira representación gráfica da táboa periódica aparecida nos manuais de química españois. Tres anos despois o compostelán Xosé Rodríguez Carracido, daquela catedrático de Química Orgánica da facultade de Farmacia de Madrid, publica o libro La nueva química. Introducción al estudio de la química según el concepto mecánico (Madrid, 1887) no que lle dedica o capítulo IX á “Clasificación periódica de Mendeleeff”.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"32 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"130929698","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Unha visión (particular) da Táboa Periódica desde a Química Orgánica","authors":"S. López","doi":"10.54954/202090203","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090203","url":null,"abstract":"A Química Orgánica defínese como a química do carbono e os seus compostos. Estímase que máis do 95% das substancias químicas coñecidas son compostos do carbono e, por tanto, compostos orgánicos. Esta enorme cantidade, e a diversidade que leva aparellada, son posibles grazas ás características especiais do carbono, elemento tetravalente que pode formar cadeas de lonxitude e ramificación variable. Estas cadeas adoitan conter tamén hidróxeno, polo que acostúmase dicir que os compostos orgánicos están formados por cadeas hidrocarbonadas. Este esqueleto hidrocarbonado é a base sobre a que desenvolven a súa química un bo número doutros elementos (heteroátomos), sendo os máis frecuentes: osíxeno, nitróxeno, halóxenos, xofre e fósforo. Estes átomos, ou grupos de átomos, organízanse formando grupos funcionais. Cada grupo funcional presenta unhas propiedades características e determina a reactividade da molécula no seu conxunto.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"16 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"131151162","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A importancia da Táboa Periódica na Ciencia dos Materiais","authors":"Francisco Rivadulla","doi":"10.54954/202090159","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090159","url":null,"abstract":"Como en calquera outra rama da Química, a TPEQ xogou un papel fundamental no desenvolvemento da Ciencia de Materiais, ó influír de xeito decisivo na comprensión da relación entre as propiedades químicas e físicas dos materiais e as propiedades dos átomos que os compoñen. Tal vez para comprender a gran capacidade que nos da a TPEQ para desenvolver esta intuición á hora de preparar compostos está ben recordar que collendo só os 70 elementos máis comúns, son posibles 2415 combinacións binarias, 54740 ternarias e 916895 cuaternarias. Non dispor deste sistema clasificatorio teríanos condenados á proba-erro hasta a eternidade. Os métodos computacionais de data mining e cálculo in-silico xogarán tal vez o papel da TPEQ no futuro da Ciencia de Materiais.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"42 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"122797484","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"Mecánica cuántica, a Táboa Periódica e algo de Filosofía, unha combinación imbatible na investigación en Química Orgánica","authors":"F. J. Sardina","doi":"10.54954/202090215","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202090215","url":null,"abstract":"A práctica de calquera ciencia natural ten moitísimo de pescuda intelectual que persegue comprender en profundidade os fenómenos observados e a súas causas e, como corolario dese entendemento, xerar a posibilidade de controlalos para facelos (máis) útiles. Cal sería, entón, un bo consello que un investigador veterano podería darlle a un mozo que emprende a súa primeira peregrinación polos camiños da investigación en Química? Sen dúbida, que encha a súa mochila intelectual coa Lóxica de Aristóteles, as ensinanzas de Os Tres Príncipes de Serendip, a Mecánica Cuántica e a Táboa Periódica. E se carga tamén unha navalla de Ockham en vez dunha suíza, moito mellor.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"35 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-10-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"131202717","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
Manolo R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido
{"title":"A UTILIDADE DOS PUNTOS CUÁNTICOS","authors":"Manolo R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro, Rosa Pedrido","doi":"10.54954/202089011","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202089011","url":null,"abstract":"Neste artigo temos como obxectivo dar a coñecer como é o mundo dun tipo de nanomateriais metálicos chamados Puntos Cuánticos (PCs) ou, en terminoloxía inglesa, os Quantum Dots (QDs). A pretensión deste traballo é a de estudar que se entende hoxe por Puntos Cuánticos, como é a súa constitución, cal é o seu tamaño e forma; de que tipo resulta ser o seu enlace, como consecuencia do seu confinamento cuántico; cal é o efecto da luz sobre o tamaño e a natureza destes novos materiais; como son os métodos de obtención hoxe e como podemos caracterizar estes novos materiais; como son as súas propiedades e por ende as súas interesantes aplicacións como consecuencia da súa constitución; cal é a importancia actual das súas aplicacións tanto na industria dos sensores químicos modernos, como sondas fluorescentes, como na farmacoloxía; como se realiza a bioconxugación destes materiais para a detección (diagnose) de tumores malignos e, posiblemente, para a súa utilización na terapia do cancro.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"117 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-05-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"124163424","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"A CONFERENCIA DO PROFESOR SCHRÖDINGER","authors":"Constantino Armesto","doi":"10.54954/202089139","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202089139","url":null,"abstract":"A historia comezou no verán de 2006. Turista en Los AÁngeles, decateime dun seminario de oito horas de duración que se vai a celebrar na Universidade de California, en Santa Cruz. Dirı́xese a escritores cientı́ficos e impárteno dous afamados fı́sicos, Bruce Rosenblum e Fred Kuttner. Matriculeime. Como traballo final tiven que redactar, expoñer en público e debater un artigo de catrocentas palabras; para escribilo permitı́ronme usar as bibliotecas da Universidade. Na do departamento de fı́sica, onde indaguei eu, atopei un curioso documento escrito a máquina. Na portada un tı́tulo “A conferencia do profesor Schrödinger”, unha firma “Stefan Zweig”, e un lugar cunha data “Santiago de Compostela 1934”; a continuación dúas páxinas escritas en alemán.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"20 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-05-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"115662193","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"NOMENCLATURA ORGÁNICA: A SITUACIÓN DOS LOCALIZADORES ACTUALMENTE PREFERIDA POLA IUPAC","authors":"Natalia Abelenda","doi":"10.54954/202089007","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202089007","url":null,"abstract":"A IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) defínese a si mesma como unha organización científica neutral e obxectiva, autoridade mundial en nomenclatura e terminoloxía química. No ano 1993 a IUPAC publicou novas recomendacións relativas á Nomenclatura da Química Orgánica que modifican en parte ás xa establecidas no ano 1979. Unha das novidades que se aportan é a de situar os localizadores (numerais e/ou letras) inmediatamente antes da parte do nome co cal se relacionan, agás no caso de formas contraídas tradicionais. As recomendacións máis recentes da IUPAC para a Nomenclatura da Química Orgánica (2013) seguen mantendo a citada consideración nos nomes preferidos pola mesma (os denominados PINs pola súa abreviatura do inglés: preferred IUPAC names).","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"86 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-05-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"116962034","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}
{"title":"PROPOSTA DIDÁCTICA E DESEÑO DUN EXPERIMENTO SOBRE A FORZA DE ROZAMENTO EN SUPERFICIES","authors":"Ismael Cabodevila, María J. Romero","doi":"10.54954/202089037","DOIUrl":"https://doi.org/10.54954/202089037","url":null,"abstract":"Hoxe en día, a Física e a Química enténdense como parte ou porción de algo máis grande que denominamos Ciencias. Neste senso, concíbese ciencia como “unha parte importante da nosa cultura porque ofrece un conxunto de historias explicativas substantivas que nos contan cousas novas importantes e interesantes sobre nós mesmos e sobre o mundo no que vivimos, cousas que demostraron ser perfectamente fiables e útiles”. Isto non debe ser entendido no sentido de que a ciencia ten un valor de autoridade absoluta en canto ao coñecemento da realidade do mundo que nos rodea. Máis ben, a ciencia debe ser entendida como un compendio de coñecemento baseado na observación, que nos ofrece unha realidade novidosa e sorprendente que se encontra lonxe, na maioría de ocasións, do que parece ser algo de modo inmediato, e na cal se pode confiar, tanto para actuar no noso día a día, como para desenvolver avances científicos ou tecnolóxicos que melloren a nosa vida. Ninguén dubida da necesidade de transmitir estes coñecementos científicos ás novas xeracións e que estas sexan quen de adquirilos de forma axeitada. Neste sentido, débese destacar o papel clave que vai xogar a escola, entendida como o principal axente responsable da reprodución cultural e, en consecuencia, da ciencia.","PeriodicalId":409397,"journal":{"name":"Boletín das Ciencias","volume":"99 4 1","pages":"0"},"PeriodicalIF":0.0,"publicationDate":"2020-05-31","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":null,"resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":"114457951","PeriodicalName":null,"FirstCategoryId":null,"ListUrlMain":null,"RegionNum":0,"RegionCategory":"","ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":"","EPubDate":null,"PubModel":null,"JCR":null,"JCRName":null,"Score":null,"Total":0}