{"title":"futuro incerto: a variación ir + inf. e haber (de) + inf. no galego oral contemporáneo","authors":"Daniel Amarelo","doi":"10.32766/cdl.40.820","DOIUrl":null,"url":null,"abstract":"Este traballo analiza a variación da expresión do futuro no galego oral contemporáneo. Este ten mecanismos de expresión de futuridade que van alén do futuro sintético: perífrases con ir e haber + infinitivo, por unha banda, e o uso do presente por futuro, pola outra (Álvarez & Xove 2002; Freixeiro Mato 2006). As formas con ir e haber coexisten para a referencia temporal futura e serán as protagonistas da presente investigación. Que factores lingüísticos favorecen cada unha das formas? Conserva haber + inf. usos derivados das súas orixes deónticas? Como se relacionan ambas as dúas formas cos seus respectivos procesos de gramaticalización? Para iso, reúnense 150 exemplos de futuro perifrástico (ir + inf.) e 150 exemplos de futuro con haber (haber (de) + inf.) extraídos do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega e codificados segundo diversos factores linguísticos. Despois dunha análise variacionista co programa estatístico Goldvarb/Vabrul, móstranse os resultados cuantitativos dos factores estatisticamente significativos. A continuación, ofrécense algunhas lecturas analíticas desta variación desde a lingüística baseada no uso. En definitiva, este traballo deita luz sobre as finas fronteiras entre temporalidade e modalidade no ámbito do futuro, así como sobre os posíbeis procesos de gramaticalización destas formas en competencia.","PeriodicalId":256958,"journal":{"name":"Cadernos de Lingua","volume":"51 3","pages":""},"PeriodicalIF":0.0000,"publicationDate":"2023-12-11","publicationTypes":"Journal Article","fieldsOfStudy":null,"isOpenAccess":false,"openAccessPdf":"","citationCount":"0","resultStr":null,"platform":"Semanticscholar","paperid":null,"PeriodicalName":"Cadernos de Lingua","FirstCategoryId":"1085","ListUrlMain":"https://doi.org/10.32766/cdl.40.820","RegionNum":0,"RegionCategory":null,"ArticlePicture":[],"TitleCN":null,"AbstractTextCN":null,"PMCID":null,"EPubDate":"","PubModel":"","JCR":"","JCRName":"","Score":null,"Total":0}
引用次数: 0
Abstract
Este traballo analiza a variación da expresión do futuro no galego oral contemporáneo. Este ten mecanismos de expresión de futuridade que van alén do futuro sintético: perífrases con ir e haber + infinitivo, por unha banda, e o uso do presente por futuro, pola outra (Álvarez & Xove 2002; Freixeiro Mato 2006). As formas con ir e haber coexisten para a referencia temporal futura e serán as protagonistas da presente investigación. Que factores lingüísticos favorecen cada unha das formas? Conserva haber + inf. usos derivados das súas orixes deónticas? Como se relacionan ambas as dúas formas cos seus respectivos procesos de gramaticalización? Para iso, reúnense 150 exemplos de futuro perifrástico (ir + inf.) e 150 exemplos de futuro con haber (haber (de) + inf.) extraídos do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega e codificados segundo diversos factores linguísticos. Despois dunha análise variacionista co programa estatístico Goldvarb/Vabrul, móstranse os resultados cuantitativos dos factores estatisticamente significativos. A continuación, ofrécense algunhas lecturas analíticas desta variación desde a lingüística baseada no uso. En definitiva, este traballo deita luz sobre as finas fronteiras entre temporalidade e modalidade no ámbito do futuro, así como sobre os posíbeis procesos de gramaticalización destas formas en competencia.